sala de esgrima

A esgrima como deporte


Un asalto de Esgrima, non é tan só un conxunto de movementos complicados e rápidos. Dende o interior da máscara, o asalto toma unha dimensión moi distinta. Establécese unha “conversación” mediante fintas e accións de defensa e ataque gracias ás que cada esgrimista estudia ó seu contrario buscando reaccións, os seus puntos febles ou un momento de descoido, ó mesmo tempo que intenta confundi-lo provocándolle para que faga accións que xa estará esperando e convertilas en favorables para o seu xogo.

Sen necesidade dunhas condicións físicas excepcionais, da DISTANCIA, VELOCIDADE e COORDINACIÓN axeitadas dependerán as posibilidades de éxito dos esgrimistas. Así mesmo a EXPERIENCIA e CONCENTRACIÓN, xunto ca RAPIDEZ ca ARMA, resultarán factores decisivos para facé-lo tocado. Se trata dun equilibrio entre as condicións físicas e mentais o que fará que os tiradores e tiradoras sexan uns bos esgrimistas.

Non é un deporte NIN CARO (xeralmente o material corre durante a iniciación por conta do club) NIN PERIGOSO (as proteccións e o propio deseño das armas está estudiado para minimizar por completo as accións sobre o corpo), dous TÓPICOS que “sacuden e afectan negativamente” ó noso deporte, entre quenes non o coñecen. Desmontando así isa fama inxusta dun xeito definitivo.


Copyright © 2010 Asociacion Compostela Esgrima. Todos os dereitos reservados.
Joomla! é un software libre publicado baixo a licenza GNU/GPL.