sala de esgrima

IV Liga Galega de Clubes de Espada

liga_ocio_vilagarcia_2010Despois de A CORUÑA, VIGO, LUGO... COMPOSTELA, toma o relevo e pecha a tempada, despois do Campionato Galego de Ferrol ca IV LIGA GALEGA DE CLUBES de ESPADA, que o Compostela Esgrima organiza en VILAGARCÍA, sede da sección da nosa Asociación dirixida por Araceli Bugallo.

Deberánse facer as inscripcións por correo electrónico en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ata as 00h do día 23 de xuño.

O día da competición será o 26 de xuño, cun horario provisional de 10h, chamada de tiradores e tiradoras ata rematar: a fórmula será unha POULE ÚNICA MIXTA -proposta de Villadóniga aceptada por nos- cun descanso para comer ben, nun sitio wapo que Araceli está buscando.

Pola tarde rematarase o cadro poule -se fora posible- e disputaranse as eliminatorias directas que a organización estime para constituir o PODIUM.

Todolos tiradores terán que pagar unha pequena inscripción que lles dará dereito a unha rifa, para logo ao final da proba sortear entre os presentes uns agasallos aportados pola Concellaría de Deportes de Vilagarcía.

A organización, invitará a todols participantes a augas, froita e... sorpresa!!

ANIMO!!
Copyright © 2012 Asociacion Compostela Esgrima. Todos os dereitos reservados.
Joomla! é un software libre publicado baixo a licenza GNU/GPL.