sala de esgrima

Historia

A esgrima en Santiago (dende as datas que coñecemos hai casi 30 anos e por referencias posiblemente un pouco inexactas), xurde coma deporte nun principio, íntimamente ligada ó exército da man do Capitán Saiz Lamas. A partir do Capitán, non é ata a chegada dun estudiante de mediciña de Rumanía,  hai 25 anos: o Mestre de Esgrima, Juan Licinio Lupus, que a carón da Universidade de Santiago e do Club Deportivo Universidade de Santiago, aproveitou os seus estudios en Compostela e os seus coñecementos en esgrima, para  introducir na nosa cidade de novo, dun xeito cercano a todos e todas, a súa paixón polas armas. Tamén no colexio Peleteiro dou clases de esgrima durante uns anos. A experiencia moi ó seu pesar, rematou cando finalizou os estudios e comezou a súa experiencia laboral lonxe da nosa Universidade.

Logo de moitos anos, houbo de novo algunha experiencia máis en mans de outros monitores nos Ximnasios Kaidán e Squash, ata hai uns anos, onde xa  a esgrima forma parte da rede deportiva do Club Deportivo Universitario, dun xeito consolidado e regular, nas máns do coordinador Xose Piñeiro Fuentes, adestrador, monitor nacional e árbitro tamén nacional especializado na arma da ESPADA, e de Carolina Rivas Portela, monitora da Sección Infantil da universidade.

Os dous colaboran tamén  cos programas do Concello de Santiago dirixindo os obradoiros de esgrima, de NADALXOGO (no Nadal) e FERRADURA ABERTA (no verán).

Xose imparte ás súas clases na sala multiusos nº25 do Estadio de ATLETISMO da Universidade de Santiago (unha sala equipada con 3 máquinas electrónicas rexistradoras de tocados, máscaras, espadas e proteccións para uso dos alumnos e alumnas matriculados na Escola de Esgrima da Universidade) os LUNS e MÉRCORES de 19 a 20:30 horas, tanto a persoal da comunidade universitaria como allea a ela.

Foi o curso 2002-2003, gracias ó apoio de Mariano García-Verdugo, presidente do CDUSC, e dalgúns dos seus empregados que contaxiados de Xose e da disposición e entusiasmo de Carolina, que a sección sufre o impulso definitivo ca creación dunha estructura de BASE que vai ser clave na Escola, pola creación dun grupo de nenos e nenas maioritariamente nacidos en Compostela.

Así nace en Outubro de 2002 a ESCOLA INFANTIL de ESGRIMA das mans da propia Carolina.

É así como a nova monitora do Club Dpvo. Universidade de Santiago, comeza cunha nova experiencia inédita na nosa cidade, co obxectivo principal da promoción e coñecemento da Esgrima enfocada primeiro coma xogo alternativo e logo coma deporte especializado. Dende os 6 anos (ainda que hai alumnos de menor idade) ata aproximadamente os 16 ou 17, comezou con tan só 4 alumnos e alumnas ata os 25 na actualidade. Formanse dous grupos en función da idade, que adestran unha hora os VENRES de 18 a 20 horas, e outra os SÁBADOS de 10 a 12 da mañá, na sala de esgrima multiusos do Estadio de Atletismo do Campus Sur da Universidade.

O Compostela Esgrima fundámolo como Asociación Deportiva o 22 de Xullo de 2003. O obxecto principal da nosa asociación é a práctica da actividade física e deportiva e sobre todo a formación de esgrimistas e a difusión e exhibición do noso deporte.

Así mesmo como un instrumento fundamental para darnos a coñecer ós demáis, outro obxecto fundamental do Compostela Esgrima é o da COMPETICIÓN: gracias a ela tomamos como bandeira a representación da nosa cidade COMPOSTELA, e da nosa comunidade GALICIA en toda competición ou desprazamento, tanto autonómico, coma nacional ou internacional (representando tamén a ESPAÑA) no que tomemos parte.

Por iso o nome do noso club tiña que ter unha asociación directa ca nosa cidade de COMPOSTELA e co deporte que queremos difundir, a ESGRIMA. Como vedes, tampouco nos apretamos demasiado as neuronas, podíamos ser más orixinais, pero non máis sinxelos e contundentes:

C O M P O S T E L A   E S G R I M A : ¡forte e claro!

O club COMPOSTELA ESGRIMA, é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro con obxecto exclusivo do fomento e a práctica da actividade física e deportiva, tendo como principal actividade a práctica da ESGRIMA. Está adscrito e integrado dentro das estructuras da Real Federación Española de Esgrima e tamén da Federación Galega de Esgrima.

Tendo en conta o carácter individual da esgrima e que as competicións asé se desenvolven, o COM.ES. forma dous equipos, un masculino e outro feminino. Os equipos mencionados formanos aquelas persoas que participan ca nosa asociación en competición. Competimos en tódalas categorías posibles, en función das idades dos socios e socias que van dende os 5 anos dos máis novos da Sección Infantil, ata unha idade ILIMITADA da Sección de Adultos (categoría absoluta). Os ámbitos son autonómico, nacional e internacional, nas armas de ESPADA (a nosa especialidade) e en SABLE e FLORETE.

Copyright © 2010 Asociacion Compostela Esgrima. Todos os dereitos reservados.
Joomla! é un software libre publicado baixo a licenza GNU/GPL.